viernes, 30 de enero de 2009

Caderno de viaxe número 6 (e último)


Estou valeira de palabras, cansa, triste pero cun sorriso.

Na peli Tierras de Penumbra dicían que "el dolor de ahora es parte de la felicidad de entonces", así que supoño que o importante é pensar que se me dá tanta pena irme de aquí é por todo o feliz que fun nestes meses.

O importante tamén é pensar cantas cousas boas me agardan en Coruña.

O importante, á fin, é que...





...quedamos lo que puedan sonreír. En plena luz.






domingo, 28 de diciembre de 2008

Caderno de viaxe número 5


Vin nevar. Nevoume. Copos miúdos no abrigo, no pelo, nas mans. Vin as rúas iluminadas coma nunca. Na praza de Tirso de Molina eran ollos que se abrían e pechaban, guiñando segredos de longas pestanas. Vin á xente volcada nas rúas, centos de abrigos e bufandas e bolsas e berros e risas e gorros de renos invadían o centro. Era imposible avanzar. Era deixarse arrastrar cara o olor a gofre, cara as luces do escaparate, cara a parada de metro, cara adiante, cara adiante, entre xente e frío e tempo detido ruidoso, crepitando. Collín un avión repleto en noiteboa para encontrarme cos meus. E agora estou aquí. Apertas, sorrisos, frío, outro tipo de frío, a luz de pola mañá. O mar. Teño ganas de ver o mar. E penso que o nadal era xusto así coma eu o imaxinara. E penso que non hai nada tan fondamente triste coma o nadal. Tan fondamente perfecto e fermoso coma o nadal. Sempre deixando pegada, coma os neumáticos na neve.

E penso que precisamente por iso, non hai mellor canción para esta entrada que esta amarga versión de Silent Night do estupendo Damien Rice (canta Lisa Hannigan).



Esta non é unha canción triste. E tampouco é unha entrada triste. Non podo ser máis feliz. Pero é que penso, dende sempre, que non hai nada máis fermoso que a arroupadora beleza do melancólico. E así, Don't keep me from cryin to sleep... Sleep in heavinly peace.

I should be stronger then,
weeping alone.
..








miércoles, 26 de noviembre de 2008

Caderno de viaxe número 4


Ás veces suceden tantas cousas que xa non hai forzas para contalas. Ás veces o tempo estira tanto, tantísimo, e cabe tanta enerxía nunha fracción de tempo, que a cabeza, os ollos, as pernas, o respirar, loitan por medrar, por mellorar. Ás veces caer rendida polo esforzo é un pulo para volver a dalo todo ao día seguinte. Paseo de la Habana é unha longa rúa que teño que subir cada día para traballar. Cada día para traballar é unha longa rúa que subo paseando a paso firme. E ás veces apuro e sinto que apurando respiro máis, que o corpo responde, que a cabeza, os ollos, as pernas adormecidas pedían esto dende hai moito tempo. A toda máquina. Cada día unha meta. Cada día Paseo de la Habana é menos costa. Cada día o tempo cunde e desplégase xeneroso para brindarme folgos, para darme cancha. E cunde. E sinto que progreso. Ás veces nos días fríos reconforta simplemente entrar no vagón do cercanías e ler un xornal de balde. Subir o Paseo de la Habana e que as follas fagan cruscrus baixo os meus pasos. Acender o ordenador, e viaxar cen anos para atrás. E descubrir que no 1894 xa decían shopping. E palabras, palabras, palabras. O resto é silencio. O resto é denso e reconfortante coma un café en taza grande. O tempo espera, non hai frío entre as palabras. O tempo é denso e mesto. Ás veces o tempo cunde coma un café do Starbucks.





Rain keeps falling, rain keeps falling
Down, down, down, down






domingo, 9 de noviembre de 2008

Caderno de viaxe número 3






Lanzaos en pos de vuestros sueños
o un slogan podría hundiros
(Los árboles son sus raíces
y el viento es viento)




Seguid a vuestro corazón
si las aguas se queman
(y vivid de amor
incluso aunque las estrellas se muevan a saltos)
Honrad el pasado
pero acoged al futuro con los brazos abiertos



Qué importa el mundo
sus buenos y sus malos
(porque Dios ama las muchachas
las mañanas y la tierra).

[e.e. cummings]




Paseo desta tarde polo Retiro. Quitei fotos, e fotos e fotos, e o sol sempre me chiscaba o ollo tralas árbores. Camiñei polos parques, polos camiños, e como din na Estación de Autobuses Sur, "evitando aglomeraciones innecesarias", porque quería sentirme soa porque quería. Quería sentirme herba, codia, pluma, terra, frío. Despois, no cercanías, sentía que levaba conmigo algo dese refuxio salvaxe e inhóspito. E ao chegar á residencia, era a lúa a que me recitaba con voz incriblemente nítida e apremiante os primeiros versos do poema de cummings. Incriblemente nítida.












miércoles, 29 de octubre de 2008

Caderno de viaxe número 2





De rigor de otoño fue el día, especialmente la tarde. Cielo pardo, viento mas que fresco y temperatura al unísono; ni hecha de encargo a gusto de empresas de cinematógrafos y teatros podía darse una jornada más desabrida. Al mediodía se tomó el rico sol en la acera de la calle de Alcalá; pero por la tarde no hubo que tomar más que un cierzo fino contra el cual podían poco las solapas de los gabanes, los embozos de las pocas capas que quedan por el mundo.


(ABC 1906, 19-11)







Exactamente coma hoxe...





Que ganas de que chegue a fin semana. E contra o frío cubriremos as mans con luvas, as gorxas con bufandas, as meixelas con bicos, as bocas con café do starbucks, os pés con botas e calcetíns grosos, e as cabezas con nítidas imaxes de algo moi parecido á felicidade.







domingo, 19 de octubre de 2008

Caderno de viaxe número 1



Lo primero, sin duda, es este ensanchamiento
de la respiración, casi angustioso...

...luego está la glorieta
preliminar, con su pequeño intento de jardín,
mundo abreviado, renovado y puro
sin demasiada convicción, y al fondo
la previsible estatua y el pórtico de acceso
a la magnífica avenida,
a la famosa capital.

Y la vida, que adquiere
carácter panorámico,
inmensidad de instante también casi angustioso...

...la vida va espaciándose
otra vez bajo el cielo enrarecido
mientras que aceleramos.

...y esto es todo, quizás. Alrededor
se ciernen las fachadas, y hay gentes en la acera
frente al primer semáforo.


(Jaime Gil de Biedma)






No cercanías cara Cantoblanco, da tempo a pensar, a botar de menos, a retratarse. Son doce minutos de cómoda soidade. Co cercanías comeza e remata a miña xornada, as miñas excursións/incursións na cidade. No cercanías viaxo pola fría mañá cara a colmena. No cercanías regreso cansa, coma hoxe, envolta en recordos, visións, aprendizaxes, novas metas. Coma hoxe, que viña pensando se non sería momento xa de escribir algo no blog...

Madrid é sempre unha viaxe, así que estes serán uns cadernos de viaxe.




sábado, 11 de octubre de 2008

De vísperas



Estado mental: De vísperas.
Estado anímico: Flan Dhul

¿Cantos quilos pesa un trimestre da miña vida?


Pouco máis podo escribir. As miñas neuronas deben estar tamén facendo as maletas, e tamén o meu sistema nervioso, dixestivo, sanguíneo, porque a sensación perpetua, desde que me levantei, é a de que levo conmigo un continuo frusfrús que case non me deixa escoitar, pensar, reaccionar, escribir.




A próxima vez que escriba aquí, espero que sexa desde unha confortable habitación da residencia, con internet, con orde, con descanso. A próxima vez que escriba aquí, espero que o frusfrús se convertise nunha nova enerxía. A enerxía que move os trens, a enerxía do café, do tic-tac, do cambio, do insomnio, dos soños, ya no sueña aquel niño que soñó que escribía...




Pero eu si que soño.

sábado, 4 de octubre de 2008

Con el objeto de ponderar la bondad o excelencia




O día 20 de outubro do ano 1900, un lector propoñía a seguinte cuestión no apartado de "Preguntas y Respuestas" da revista Por esos mundos:

¿Podría saberse el origen de la expresión adverbial "de buten", que se usa en el lenguaje familiar de Andalucía, con el objeto de ponderar la bondad o excelencia de alguna persona o cosa? .—F. B. D.

Estupefacta me quedei. E logo cremos que somos modernos, creativos, estrafalarios, rompedores. E xa o romperon todo hai máis dun século. E aínda por enriba, sen darse importancia. Que modernos os antigos, é que inquisitivos, que capacidade de sorpresa ante a propia lingua, ante a sociedade, ante os costumes. E que capacidade de autocrítica. Ler aqueles xornais de principios do século pasado aporta moitas sopresas. E unha inevitable comparación da que non saimos precisamente airosos nós, os lectores, falantes, cidadáns deste inicio de século.




miércoles, 1 de octubre de 2008

No sería buena idea...



Unha canción intrascendente e gamberra. Pero tamén, penso, romántica á súa maneira:



Púxoma Mati hai un ratiño. Espero que non fose con segundas... ;)

domingo, 28 de septiembre de 2008

Unha música sorprendentemente harmoniosa




Pasan os días aceleradamente. Pasa Málaga. A seguinte marca vermella no calendario luce intensa, expectante. Eléctrica, ilusionada, aterrada, colúmpiome de emoción en emoción según me dea o sol. Estou feita un xirasol de sentimentos, disculpando a cursilada. É que tamén me poño cursi según me dea. Ou pesimista, ou histérica ou segurísima das miñas posibilidades. E o que de día non me ocupa o pensamento, róubame o sono polas noites. Pero en cada impulso, en cada pulo, o columpio ascende máis. E máis me cargo de enerxías. Renxen as cadeas do columpio, sesgo o aire coa velocidade, bate forte o corazón. E todo remata compoñendo unha música sorprendentemente harmoniosa...





...whatever will be, will be.












domingo, 21 de septiembre de 2008

The Office



The Office é unha serie cruel e imprevisible.

Indecentemente divertida, caricaturiza as miserias das nosas rutinas dun xeito tan agudo, tan real, que no recoñecemento propio un non sabe se afundirse ou romper a rir. E sempre, invariablemente, triunfa a gargallada.

O indescriptible dos seus personaxes é a parte máis verosímil dos mesmos, encabezados por Michael Scott (un grandioso, apabullante Steve Carrell), probablemente o xefe máis patético de tódolos xefes posibles.









Cínica, aceda e escura, é sen embargo, tamén, sorprendentemente romántica, porque quizais a clave desta serie (e o que para min a fai superar á súa precedente, a The Office inglesa da BBC) sexa a segreda ternura coa que trata aos seus protagonistas.

Todos, no fondo, teñen unha dignidade que os fai nobles. Todos comparten algo que os salva, un mesmo xeito de supervivencia, que, nos tempos que corren, resulta altamente recomendable: o que os rescata do naufraxio é... o humor.









lunes, 8 de septiembre de 2008

O meu fogar en Madrid...


...en construcción.

Coma o futuro.

Con ventás estreitas, con andamios, ao lonxe e contra o ceo, coma o futuro. Só espero que estea rematado a tempo para min. Coma o futuro.





Madrid ten algo triste e apabullante. Pero ten tamén recunchos para salvarse, para respirar. Ten xente en perpetuo movemento. Ten o metro, onde me oriento con sorprendente fluidez, coma se toda a miña vida fose recorrendo corredores subterráneos en códigos de cores. Ten algunhas tendas tentadoras, restaurantes diferentes, ten cine, cine e cine.



E ten os lugares que cantan as cancións. E ten os lugares que eu pisarei, que eu cantarei para min algún día, no futuro....



Xa retiran os andamios. Xa recollen os escombros. Non queda nada para o futuro.








lunes, 25 de agosto de 2008

Vén ser todo a mesma....


É que xa se sabe que o espíritu dos coruñeses é intrépido e inquisitivo por natureza. Que cando menos o esperas se destapa, por un cidadán anónimo, sen ánimo de promocionarse e cun zoom altamente potente na cámara de vídeo, se detapa, dicía, un escándalo de proporcións tales que vaia, nin o Watergate, nin o peluquín de Bogart, nin o playback da ceremonia inaugural dos Xogos Olímpicos....

Ollo ao vídeo. Avisamos de que as seguintes imaxes poden ferir a sensibilidade dos espectadores, especialmente daqueles que nunca saben onde tirar o chicle, o kleenex, as cascas das noces, o pan reseso... ¿Orgánico ou inorgánico? E diría el, o protagonista deste vídeo... "¿E total que máis dará, si polvo somos y en polvo nos convertiremos?" Aí vai, para que logo digan que os galegos nunca se sabe se subimos ou baixamos:




Pois os coruñeses, simplemente, mesturamos. E diría el que total, por catro bolsas... Vén ser todo a mesma....










En fin. Que me pareceu moi divertida a nocturnidade e a alevosía, ou máis ben a absoluta pachorra, coma se fose algo case protocolario, coa que este basureiro executaba o proceso ecolóxico de recollida selectiva de basuras na Coruña. Era algo que practicamente tódolos coruñeses sospeitábamos, pero ese momento in fraganti in basurini, dalle a unha a alegría de pensar que aínda quedan sonoros escándalos por destapar. E eses interrogantes do titular da Voz... ¡Que momentazo!:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/08/25/00031219675432978400777.htm



Eu, de tódolos xeitos, seguirei reciclando, pero máis que nada por qué dirán os veciños.... Que teño veciños moi laretas...





sábado, 23 de agosto de 2008

Vintecinco anos




Con aire soñador, comentó: Nada hay tan hermoso como la música, eso sí. Dirigió una mirada al retrato en colores del cantor: desde la eternidad, Gardel, deslumbrante con su frac, también parecía sonreírle. Luego, volviendo hacia Martín, prosiguió con su censo: Después están las flores, los pájaros, los perros, qué sé yo... Lástima que el gato del café me comió el canario. Era una gran compañía. No nombra al marido pensó Martín, no tiene marido, o ha muerto o ha sido engañada por cualquiera. Casi con entusiasmo, dijo: ¡Es tan lindo vivir! Mire, niño: yo tengo veinticinco años y ya me da pena porque un día tendré que morirme. Martín la miró: había creído que tenía cuarenta años. Cerró los ojos y quedó pensativo. La mujer creyó que volvía a sentirse mal porque se acercó y nuevamente le puso la mano en la frente. Martín volvió a sentir aquella mano cubierta de callos. Y Martín comprendió que, tranquilizada, aquella mano permanecía un segundo más, torpe pero tiernamente, en una pequeña caricia tímida. Abrió los ojos y dijo: Me parece que el té me ha hecho bien. La mujer pareció sentir una extraordinaria alegría. Martín se sentó en la cama: Me voy -dijo-. Se sentía muy débil y muy mareado. ¿Se siente bien? -preguntó ella, preocupada-. Perfectamente. ¿Cómo se llama usted? Hortensia Paz paraservirausté. Yo me llamo Martín. Martín del Castillo.

Se quitó un anillo que llevaba en el dedo meñique, regalo de su abuela. Le regalo este anillito. La muchacha se puso colorada y se negó. ¿No me dijo usted que en la vida hay alegrías? -preguntó Martín-. Si me acepta este recuerdo tendré una gran alegría. La única alegría que he tenido en el último tiempo. ¿No quiere que me ponga contento? Hortensia seguía vacilando. Entonces se lo puso en la mano y salió corriendo.


(Ernesto Sabato, Sobre Héroes y Tumbas, 1961)







Nota: Os días pasados en Ferrol, arquivados dende agora no caixón das burbullas perfectamente esféricas e transparentes, deixáronme, sen embargo, valeirada de enerxías e palabras. Menos mal que sempre podemos servirnos das palabras dos demais para encher os silenzos, a preguiza, a torpeza. Que xa se van notando os anos...


:)







jueves, 14 de agosto de 2008

Ya no queda ni la sombra...



Xa non sei qué nos queda deste verán secuestrado, nin qué nos deixaron de proba de vida. Esixo indignada unha foto inmediata do verán enclaustrado cun xornal do catorce de agosto. Non pago rescate, confórmome coa promesa dun setembro agradable.

O secuestro prolongado provoca a resignación dos que aínda agardábamos un raio de sol perdurable. Pero chove, vai mal tempo, vai frío, vai vento, escuro amanece e escuro se agocha un sol de baixo consumo.

Xa non pido un verán como os da infancia, xa non pido calor abafante, días inmensos, terrazas, balcóns e paseos nocturnos. Só pido unha proba de vida. Un día enteiro de sol, un día de poñer vestido, un día de sandalias, un día que queira abrir a ventá para respirar olor a mar.

Do verán só deixaron, do verán só nos queda o tempo preguiceiro, as vacances, as rebaixas, a sensación de estatismo, o lecer, os horarios trastocados, as escapadas a cidades máis ou menos próximas, as longas conversas telefónicas, o tempo que se pasa cos que queremos, cos que nos queren, o tempo para ver películas, para ler, para ordenar vellos papeis, o tempo....



....o bo tempo.





Ese é o bo tempo que temos. Á fin, foron benévolos. Porque nos deixaron, do verán, o mellor.




Quieras o no quieras recordar
algo de aquellos días de asueto,
cuando el tiempo era más ancho
y aún quedaba primavera,
cuando quise regalarte unos zapatos.

(...)

Qué hay de aquel amor
que nos señaló,
ya no queda ni la sombra.
Qué será de tí,
donde fuiste a dar,
aún te queda alguna peca...

sábado, 2 de agosto de 2008

El sueño bobo




Aquella noche hacían cola los sueños, queriendo ser soñados, pero Helena no podía soñarlos a todos, no había manera. Uno de los sueños, desconocido, se recomendaba:

- Suéñeme, que le conviene. Suéñeme, que le va a gustar.

Hacían la cola unos cuantos sueños nuevos, jamás soñados, pero Helena reconocía el sueño bobo, que siempre volvía, ese pesado, y a otros sueños cómicos o sombríos que eran viejos conocidos de sus noches de mucho volar.


("Los sueños de Helena", en El libro de los abrazos,
de Eduardo Galeano, 1989)




Case non hai noite que non soñe coas tartarugas. Que se fugan, que se volven xigantes, que se multiplican, que se perden en augas turbias. Hoxe soñei que convivían cun pingüino no seu novo tortugueiro. Ao comezo o pingüino parecía simpático. Era amable e chistoso con elas. Logo foise revirando, enrarecendo, e non lles deixaba sitio, e daba en queixarse, porque tiña calor e quería que apagásemos a luz, e que botásemos cubiños de xeo á auga. E as tartarugas estaban molestas, miraban indignadas para o pingüino dende un recuncho...

E despois, coma sempre, esperto e vounas ver, e elas seguen tan panchas, na auga limpa, no tamaño adecuado, e coa fame e ese aspecto galáctico e histérico de sempre.





jueves, 24 de julio de 2008

Un camí ben llarg




As palabras están gastadas xa de tanto contar anécdotas, camiños, imaxes, sensacións. Os recordos son xa un discurso feito e pechado coma unha fotografía. Así que isto ofrezo agora, fotografías. Penso que os rostros, os sorrisos, a cor e a luz falan dese camiño sosegado e intenso que foi Barcelona.

Barcelona de ruido e de xente, e das rúas estreitas e retorcidas e suxerentes, e de enormes avenidas, desas nas que, como dicía Biedma de Madrid, "la vida, de repente, adquiere carácter panorámico". E escaparates, e terrazas e risas e auga con gas e o runrún suave do congreso, e situacións surrealistas entre xente surrealista, e momentos especiais nos que sentín que esto é xusto o que me enche. Esto me da a vida, esto me fai sentir que estou no camiño que desexo.

E as máis grandes figuras da lexicografía que resultan ser cercanas e encantadoras (e como di Matías, teñen nomes difíciles de pronunciar). E outras que non son ninguén e andan sobre os zancos do seu propio ego. Fauna diversa. A xirafa, o elefante, os pingüinos, a pantera, o lemur e.... os delfíns, que vos saúdan.






De banda sonora do noso camiño, e para darlle as grazas a Montse por ser unha compañeira de viaxe tan xenerosa e divertida, esta canción:





Si véns amb mi,
no demanis un camí planer,
ni estels d'argent,
ni un demà ple de promeses, sols
un poc de sort,
i que la vida ens doni un camí
ben llarg.





(Si vienes conmigo,
no pidas un camino llano,
ni estrellas de plata,
ni un mañana lleno de promesas, sólo
un poco de suerte
y que la vida nos dé un camino
bien largo.)


martes, 15 de julio de 2008

Que algo anterior me trae por estos sitios destartalados



Que raro se me fai pensar que mañá pisarei outras rúas, escoitarei outra lingua, sufrirei outras temperaturas, e haberá outras músicas, outro mar e outro olor e outra luz. E eu tamén serei outra. Serei turista, observadora, serei exprimidora desa luz, desa música, desas rúas.

Ata a volta!





«BARCELONA JA NO ES BONA» o mi paseo solitario en primavera



En los meses de aquella primavera
pasaron por aquí seguramente
más de una vez.
Entonces, los dos eran muy jóvenes
y tenían el Chrysler amarillo y negro.
Los imagino al mediodía, por la avenida de los tilos,
la capota del coche salpicada de sol,
o quizá en Miramar, llegando a los jardines,
mientras que sobre el fondo del puerto y la ciudad se mecen las sombrillas del restaurante al aire libre, y las conversaciones, y la música, fundiéndose al rumor de los neumáticos sobre la grava del paseo.

[...]

Así yo estuve aquí
dentro del vientre de mi madre,
y es verdad que algo oscuro, que algo anterior me trae
por estos sitios destartalados.
Más aún que los árboles y la naturaleza
o que el susurro del agua corriente
furtiva, reflejándose en las hojas
-y eso que ya a mis años
se empieza a agradecer la primavera-,
yo busco en mis paseos los tristes edificios,
las estatuas manchadas con lápiz de labios,
los rincones del parque pasados de moda
en donde, por la noche, se hacen el amor...
Y a la nostalgia de una edad feliz
y de dinero fácil, tal como la contaban,
se mezcla un sentimiento bien distinto
que aprendí de mayor,
este resentimiento
contra la clase en que nací,
y que se complace también al ver mordida,
ensuciada la feria de sus vanidades
por el tiempo y las manos del resto de los hombres.

[...]

Y yo subo despacio por las escalinatas
sintiéndome observado, tropezando en las piedras
en donde las higueras agarran sus raíces,
mientras oigo a estos chavas nacidos en el Sur
hablarse en catalán, y pienso, a un mismo tiempo,
en mi pasado y en su porvenir.

Jaime Gil de Biedma



domingo, 13 de julio de 2008

Amor, sal ya, que se hace tarde...




Un dos contos máis fermosos que se poden escoitar nunha longa tarde de domingo. A voz de Ismael Serrano pon o tono e os silencios necesarios. As palabras fan o resto. E eu non digo máis:





miércoles, 2 de julio de 2008

O sal da terra




Aceite no lume. Pochar, saltear, fritir. O crepitar da cebola crúa. Que se transforma, que cristaliza. Cítricos, verduras, o que pinga, o que cruxe, o que se derrama, o que se consume. O arroz abre. A auga rompe. A ferver. Sazonar, especiar, mechar. A pimenta negra, o golpe da pimenta na madeira. As materias primas. O sal da terra. O rodillo, a báscula, o papel de forno. Unha manopla. As manoplas son graciosas e primitivamente protectoras. O que se come frío, o que se come quente. Por qué sopramos para enfriar unha sopa. A miga de pan, a codia, a fariña dun bolete. Prequentar o forno. A levadura é progreso. A levadura rompe os esquemas das cousas. Acelera, altera, tridimensiona a masa estéril. A cociña activa a materia. Forza aos ingredientes a transformarse. Obriga á emulsión. Pero con agarimo. E a cebola se rinde ao aceite quente, e a verdura abranda, e torna elástica. E todas cantan agardando o ingrediente estrela, asumindo ser secundarios pola carne, polo peixe. E os que foron vivos e agora son crús retornan a unha vida de músicas de aromas, de harmonías, de texturas. Hai tanta vida nun libro de cociña porque narra de forma precisa e ordenada máis de mil historias de transformación, de resurrección.

Simone Ortega morreu hoxe aos 89 anos. O seu histórico libro de cociña reinou na miña casa desde que podo lembralo, forradiño de branco por miña nai.

Nunca vira unha imaxe súa, e agora comprobo que ten cara de avoa francesa. Espléndida concertista de máis de mil concertos de transformación continua, cara un bocado gorentoso.

Ti descansa, Simone. A música segue.