sábado, 13 de octubre de 2007

Se tu fores ver o mar...




Rosalinda,
se tu fores à praia, se tu fores ver o mar,
cuidado não te descaia o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar,
cuidado não te descaia o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar.

A branca areia de ontem
está cheínha de alcatrão.
As dunas de vento batidas
são de plástico e carvão,
e cheiram mal como avenidas,
vieram para aqui fugidas a lama, a putrefacção.
As aves já voam feridas,
e outras caem ao chão.

Mas na verdade, Rosalinda,
nas fábricas que ali vês
o operário respira ainda, envenenado,
a desmaiar, o que mais há desta aridez.
Pois os que mandam no mundo
só vivem querendo ganhar,
mesmo matando aquele
que morrendo vive a trabalhar.

Tem cuidado, Rosalinda,
se tu fores à praia, se tu fores ver o mar,
cuidado não te descaia o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar,
cuidado não te descaia o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar.

E em Ferrel, lá para Peniche,
vão fazer uma Central
que para alguns é nuclear,
mas para muitos é mortal.
Os peixes hão-de vir à mão,
um doente, outro sem vida, não tem vida o pescador.
Morre o sável e o salmão,
"Isto é civilização", assim falou um senhor.

Tem cuidado, Rosalinda,
se tu fores à praia, se tu fores ver o mar,
cuidado não te descaia o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar,
cuidado não te descaia o teu pé de catraia
em óleo sujo à beira-mar.


(Fausto, Madrugada dos Trapeiros, 1978)




Recordos de nena, de vinilos co roce dun silencio, dunha respiración, dun arañazo. De miña nai cantando.

De cando non entendes palabras doutra lingua, en entón semellan misteriosas, máxicas, coma un conxuro indescifrable. Eu pensaba que era Rosalinda, co meu pé de catraia para Fausto, co meu pie de chiquilla para Luis Pastor.



[Podedes escoitala en http://www.udc.es/dep/lx/cac/sopirrait/audio/rosalinda.htm]







martes, 9 de octubre de 2007

Chiquillas



Por si acaso se acabe el mundo
todo el tiempo he de aprovechar
corazon de vagabundo
voy buscando mi libertad
he viajado por la tierra
y me he dado cuenta de que
donde no hay odio ni guerra
el amor se convierte en rey.
tuve muchas experiencias
y he llegado a la conclusion
que perdida la inocencia
en el CHIRINGUITO se pasa mejor.



Noite de chicas, que estamos que nos salimos...
Viva Sandra, Viva o Chiringuito e Viva Rafaella!


martes, 2 de octubre de 2007

Lisboa


Lisboa de castelos no alto dun monte, de casas brancas e tellados vermellos, agolpadas cara o alto, desordenadas e enfrontadas co cálculo matemático. Lisboa de rúas empinadas, de vías que son escaleiras infindas. Lisboa sucia e señorial, de roupa colgada nas fachadas e de fachadas colgadas no aire. Lisboa de adoquíns, de xente e xente e mundo, de mendigos coa casa ás costas berrando nunha lingua intelixible. Lisboa de tendas elegantes e dependentes silenciosos e solícitos. Lisboa de contrastes. Lisboa de pedras e de lana.

Renxe e chía


Viaxar no Eléctrico 28, o tranvía que percorre a zona vella de Lisboa, é como viaxar no estómago dun monstruo prehistórico, que renxe e chía polas rúas estreitas, que vascula e se retorce con esforzo e violencia por unha vías nunca deseñadas para el.

Un libro coma un berro


Lisboa ten livrarias antigas que falan de tempos en que un libro era un símbolo, un tesouro, unha proclama. Ten livrarias que rexentan homiños vellos, de gafas e chaqueta gris, que me fan pensar en Karl Konrad Koreander na súa butaca revellida. Ten livrarias coma esta, en que unha parede pode ser un berro.

Lisboa cara arriba


Lisboa é sempre arriba, cara o ceo, cara os tellados e as antenas vellas como raíces, como patas de galos de Barcelos, como espolóns raiando o ceo baixo e ancho de Lisboa.

Para os que a percorren


Lisboa arroupa e arrepía a memoria en cada rúa, en cada esquina. Lisboa é grande, é vella, é gris, pero aqueles que a habitan e a contemplan convírtena nunha cidade caudalosa coma o río que a trastorna, sorprendente e inesperada. Lisboa para os que a percorren.