miércoles, 29 de agosto de 2007

Solaz veraniego... or something like that



Aquí estamos, nun deses (escasos) grandes momentos de solaz veraniego, na Estrada, en plan comilona e en plan rebozarse na natureza e que pase o tempo lento e dilatado e sen nubes e sen manecillas de reloxo...

De dereita a esquerda:

- meu irmán Antón, que está feito un homiño...

- un rubiales chamado Mel, que tamén está feito un homiño e co seu cu ocupaba medio banco e coa cabezota o outro medio

- Mati, protexéndome das malas sombras e gardándome o arco da vella

- e a do flequillo, happy-happy (japi-japi)

A fotógrafa, miña nai, experta en retratar e sobre todo en propiciar bos momentos...

jueves, 23 de agosto de 2007

Novo ano, novo look!



Será a crise dos 24?? Hoxe pegueime un bo corte de pelo e decidín deixarme de novo flequillo (ou, como di miña avoa, "perrecha").

Foi un novo reto para as inseguras mans das rapaciñas da Academia Milagros, e un dos meus contados actos de temeridade a lo loco...

[sustituín a foto que puxera onte, porque parecía unha rubiales... esta saqueina hoxe pola mañá e o novo corte parece irse adaptando á miña cabeza.....]

miércoles, 22 de agosto de 2007

Hoxe estou de cumple



Igual que aquela nena que se chamaba Rosalía con coletas e cara de pilla. Case igual.

Pero daquela non sabía eu que...

hay en el tiempo una noble y benévola proporción
junto con una generosidad increíble
(aunque la carne y la sangre le acusen de coerción
o la mente y el alma le inculpen de engaño)

su conducta no es lógica o ilógica,
su sabiduría anula la discordia y el acuerdo
(los sáharas tienen sus siglos; diez mil
de ellos son más pequeños que el momento de una rosa)

hay un tiempo para reír y hay un tiempo para llorar-
para la esperanza la desesperación la paz y el deseo
(un tiempo para crecer y un tiempo para morir;
una noche para el silencio y un día para el canto)

pero sobre todo (como me dicen
tus más que ojos)hay un tiempo para la eternidad

[e. e. cummings]


...e para cumplir 24 e sentirse querida e mimada e arroupada por algo doce que ule a flores de verdade ou de papel...

martes, 21 de agosto de 2007

Estou a punto de cumplir...




Que gran número!

domingo, 19 de agosto de 2007

A forma de redactar as convocatorias de becas e outras retorcidas formas de levar ao límite a capacidade de intelixibilidade da linguaxe...



Bufff ando saturada de papeleo para a beca... e eso que acabo de empezar!

Está claro que entender as bases da convocatoria é a primeira criba para conseguir que cha concedan...

domingo, 12 de agosto de 2007

Arrested Development



Esta serie de título case impronunciable é unha das mellores sitcom que teño visto. Irónica, surrealista, sorprendente e entrañable, ofrece en cada capítulo un argumento, personaxes, diáogos e gags que xa quixeran moitas películas de estreno.

Resulta incomprensible a súa escasa difusión televisiva, así que vos invito a aproveitar as fontes emulienses para disfrutar desta orixinal e brillante serie, que narra unha especie de "Operación Malaya" á americana. Absolutely tronchante!


...Now the story of a wealthy family who lost everything, and the one son who had no choice but to keep them all together.
It's Arrested Development.



lunes, 6 de agosto de 2007

Un capricho...



Porque o domingo un tiramisú fixo moi feliz a meu avó, aí vai a receta deste postre tan sinxelo e agradecido...



INGREDIENTES

- 500 g de bizcoitos de soletilla (recomendo dos blandiños de La bella Easo ou de La Alegría Toledana)
- 2 xemas de ovo
- 250 g de azúcar glacé (pódese comprar o cilindro de plástico "Azucar Glacé de Azucarera" "para decorar y repostería", que xa trae os 250)
- 250 g de queixo Mascarpone o Philadelphia (hai versión light!)
- 200 g de nata líquida para montar
- 6 dl de café (aproximadamente, en realidade é o que se necesite para empapar tódolos bizcoitos)
- copa de licor de Amaretto o Cointreau
- cacao en polvo para decorar


O tiramisú é unha especie de "lasaña", capas intercaladas de bizcoitos empapados e de crema:

PARA A CREMA:
Batir a nata (debe estar bastante fría para que suba ben) ata que estea montada e reservar.

Batir as xemas de ovo, o azúcar glacé e o queixo na batidora ata que a masa estea suave e esponxosa. Unha vez conseguida a textura desexada unimos a esta mezcla a nata montada anteriormente, mesturando todo ben para crear volumen.

PARA OS BIZCOITOS:
Mezclar o café co licor para elaborar o que será o xarabe onde mollar os bizcoitos. Empápanse os bizcoitos de un en un, procurando que no se rompan, e vanse colocando no fondo dunha fonte ancha, cubrindo todo para formar unha primeira capa que será a base.

Esa base cúbrese coa crema e repítese a operación unha vez máis cos bizcoitos, creando unha nova capa onde verter a crema. Déixase reposar na nevera unhas horas, e unha vez que estea consistente, espolvoréase co cacao en polvo.

E o tiramisú está listo! Canto máis tiempo estea na nevera (por exemplo, unha noite enteira), máis rico estará!

E outro consello!! En verán, para que sexa máis fresco, poden empaparse os bizcoitos en vez de con café e licor, con sirope de fresa ou con almíbar de piña!!