martes, 17 de junio de 2008

pequenos caprichos. pequenos placeres (listado provisional 2ª parte)



Comer galletas María molladas en leite.

Ver capítulos antigos dunha serie divertida, e volver a rirse nos mesmos momentos. E pensar que canto dano fixo a moda dos noventa. E pensar que Nueva York está perfecta sempre.

Un xel que ule a fresa. Un bodymilk que ule a uva verde. As cousas que ulen tan ben que as comerías. De nena tiña un dentífrico que ulía e sabía a fresa. Sempre o tragaba, non podía evitalo.

Un ceo sen nubes. Un día sen chuvia.

O mundo a través dos cristais escuros dunhas enormes gafas de sol. Ninguén me ve. Son detective, son invisible, vou nunha burbulla de cristais tintados. A miña cara só ten un nariz e unha boca. As gafas de sol son un antifaz.

O ruidiño que fai o avisador de Gmail cando chega unha nova mensaxe.

Pintar de azul.

Viaxar en tren.

Estrenar unha goma de borrar das de Milán Nata.

Atopar algo que dabas por perdido. Atopar pequenos tesouros nos petos da roupa que levabas case un ano sen poñer.

Ter un soño bonito. Soñar ao grande, con boa iluminación, cun guión acabado, con diálogos inxeniosos, con grandes secuencias, con música de fondo. E despertar cun sorriso, sen saber moi ben de onde vén o bo humor.

Os obxetos. A música dos obxetos:



I put my ear it to it's ground
It had a heart made
It had a heart made of sound






domingo, 15 de junio de 2008

Sin que me quede nada




Elas son Meryl Streep e Lindsay Lohan, nai e filla en "Praire Home Company" ("El último show"), precisamente, a última e estupenda película de Robert Altman. A canción é de Johnny Cash.







E collidas da man, cantaban:

In the sweet by and by,
We shall meet on that beautiful shore.*









* Nos encontraremos en esa hermosa orilla....



E me fai lembrar aquel poema de Leopoldo Panero que sempre me estremece, que sempre penso que di o que sempre quixen decir eu á muller que leva consigo a luz e a seda do rostro de Meryl Streep:

Desde mi vieja orilla, desde la fe que siento,
hacia la luz primera que toma el alma pura,
voy contigo, hijo mío, por el camino lento
de este amor que me crece como mansa locura.

Voy contigo, hijo mío, frenesí soñoliento
de mi carne, palabra de mi callada hondura,
música que alguien pulsa no sé dónde, en el viento,
no sé dónde, hijo mío, desde mi orilla oscura.

Voy, me llevas, se torna crédula mi mirada,
me empujas levemente (ya casi siento el frío);
me invitas a la sombra que se hunde en mi pisada,

me arrastras de la mano... Y en tu ignorancia fío,
y a tu amor me abandono sin que me quede nada,
terriblemente solo, no sé dónde, hijo mío.



lunes, 9 de junio de 2008

No hacemos más que trabajar




Porque sempre está traballando, e polo moito que me está axudando na tese coa base de datos....

Un minuto de respiro:





(http://es.youtube.com/watch?v=XvrFbxywL_g&feature=related)

(Quérote)

miércoles, 4 de junio de 2008

Bricomanía blogueira




Pois nada, que como estou con espíritu de obra, decidín tamén aplicarlle unha man de pintura e un bo alicatado ao blog, que xa se vía un pouco sosainas... Non sabía eu que fóra dos deseños predeterminados que ofrece Blogger, había toda unha rede de webs e de xente que crea plantillas diferentes e atractivas, como esta!

Aínda teño pendentes algúns retoques, como eliminar o menú superior (o que pon fotos, perfil, soporte...), que nin funciona nin lle vexo moito xeito... Pero terei que agardar a que chegue de traballar o htmlfalante da casa, porque eu non entendo nada, e a ver se por intentar chapurrealo, vou ocasionar algunha desgracia....







domingo, 1 de junio de 2008

You walk through my walls like a ghost



Hoxe conteille a Antón que estivera pintando a súa antiga habitación de azul. Azul mediterráneo, según a etiqueta de Bruguer. Díxome meu irmán que eso de pintar un mesmo unha habitación en cor intenso recordáballe á típica escena de peli americana, que pasa rápido e con elipses, mentres sona de fondo algunha canción con gancho.

Que ben o pasei pintando. Acordeime moitas veces de cando miña nai máis eu, hai xa unha porrada de anos, pintamos esta mesma casa.

Eu que non aturo mancharme, que me asusta subirme a escaleiras inestables, que non aturo os olores intensos.... gocei na berza, aínda que non sone moito a peli americana.

Pintar unha habitación un mesmo en cor intenso non tén tanto glamour coma unha peli americana, pero é unha experiencia que recomendo a todo o mundo.

E a miña secuencia americana de pintar a habitación, por certo, tería de fondo esta canción:





I thought i shook myself free
You see i bounce back quicker than most
But i’m half delirious, it’s too mysterious
You walk through my walls like a ghost
And i take every day at a time
I'm proud as a lion in his lair*
Now theres no denying it, and no decrying it
Youre all tangled up in my head

Old habits die hard
Old soldiers just fade away
Old habits die hard
Harder than november rain
Old habits die hard
Old soldiers just fade away
Old habits die hard
Hard enough to feel the pain


*(Orgullosa como una leona en su territorio)





martes, 20 de mayo de 2008

Momentos Cadrados


Cando miña nai fixo a mudanza, levou deste piso os cadros e os obxetos dos estantes. As paredes quedaron núas, e así seguen hoxe. Acostumados, polo noso alquiler anterior, a vivir dominados polo accesorio, a movernos con cautela entre xarróns de cristal, marcos de fotos sen fotos, cadros, espellos, flores de plástico e cubrecontadores, disfrutamos agora do espacio en branco, e prolongamos con deleite a sensación de piso en obra...

Unha das cousas que levou miña nai na mudanza é o cadro que ilustra esta actualización. É unha lámina que comprou no Museo Reina Sofía, hai case dez anos, e que reproduce o "Desnudo" de 1932 pintado por R. F. Balbuena. Este cadro estaba colgado no recibidor (ou hall, se se prefire un término máis glamuroso) da casa, enigmático e abrupto, sobre a branca parede.

Un venres deste mes, que non nos apetecía cociñar, Matías e eu encargamos comida (un rollo primavera, arroz tres delicias, arroz con gambas e cerdo agridulce) ao restaurante chino de sempre. A ese restaurante encargaba xa miña nai cando eu vivía na casa, durante os anos da carreira, e a secuencia de acontecementos era sempre a mesma: pedir a comida por teléfono, á cantarina voz que colle os pedidos; esperar (ás veces moitísimo) a que o intrépido motorista dese encontrado a nosa casa, e recoller a comida das mans do que sempre era o mesmo repartidor (ao principio eu pensaba que eran distintos, pero que todos me parecían iguales por ser chinos, pero finalmente comprendín que se trataba do mesmo, moi baixiño, con cara de neno, e un casco intergaláctico parcheado con fixo marrón de embalar).

A secuencia repetiuse ese venres, unha vez máis, coa salvedade de que era a primeira vez que encargábamos comida ao restaurante chino desde que volvín á miña casa. Cando timbrou no porteiro automático, ao berro habitual de "Comida!", abrinlle, e cando chegou ao décimo, recollín a bolsa e saquei os cartos do peto para pagarlle. Pero esta vez houbo algo diferente.

Algo sucedía, algo, para o repartidor, convertía a secuencia repetida nunha secuencia inesperada e nova. Por fin resolveu, desde o seu limitadísimo dominio do español, desde a súa inexpugnable parquedade e timidez, lanzar a pregunta: "¿Y el...?" acompañado dun xesto coas mans que debuxaba un cadrado no aire.

Era coma o anuncio aquel dos Momentos Redondos de Telepizza, pero cambiando a figura xeométrica. El miraba para a parede branca, e eu miraba anonadada para o repartidor que me reclamaba o cadro da muller espida, aquel que ano tras ano, supoño, lle amenizaba a vis(i)ta cando nos traía a comida.

Só puiden responderlle "¡Qué buena memoria!" e darlle propina... Foise un tanto decepcionado, e eu pechei a porta, mirando a parede branca. Non vou falar do choque cultural, do sesgado valor erótico de semellante situación, porque para min, o verdadeiramente fantástico foi que á muller do cadro que mudou de casa cando miña nai mudou de cidade, hai un chino de casco intergaláctico que a bota de menos.








martes, 13 de mayo de 2008

La historia de las cosas




Como parece que a historia do arroz tres delicias terá que esperar, porque teño o humor máis proclive á crise que á risa, propóñovos ver estes vídeos, que forman, parte a parte, un minidocumental sobre a verdadeira Historia das Cousas. É brutal, clarificador e á vez, ameno. Aínda que sexa algo longo, vale a pena dedicar quince minutos a estar informado.

























http://www.storyofstuff.com/