
Unha rapaza do Curso do Instituto Cervantes mandounos aos do curso tropecentas fotos de xente de clase que non interesaban en absoluto, e unhas poucas de xente francamente interesante, como a foto que colgo hoxe... Aquí estamos Montse e máis eu, cunha cara de boas alumnas, intelectuales e responsables que nin que estivésemos ensaiando diante do espello.
Agora ela estará facendo as maletas para irse a Eurodisney, e eu estou no mesmo pero para irme a un congreso internacional de literatura medieval en Cáceres. Mmmmm... Que será máis divertido? ....Se estas dúa viaxes fosen premios nun concurso da tele, cal sería o primeiro premio das dúas? ....mmmmm...
Cáceres rules, e non hai outra. Ademais, á volta, viaxe romántica por Portugal, así que non hai queixa. Ai, cantas cousas que preparar!!
Que nerviossss!!
Unha maleta que facer... que sorte!
ResponderEliminarA min ata me dá morriña.
Xa contarás como son as Cáceres rules, e sobre todo, esa viaxe en coche...jeje.
Bicos et bon voyage, chère amie!
Laura ("lohjá" para os franceses)