Parecía, sonaba, recordaba, se presentía coma unha gran película. Pero é que ademais resulta que o é. Unha gran película. Un peliculón. Ridley Scott (que tamén fixo Blade Runner, e Thelma y Louise, e Los Impostores, e Gladiator) sabe facer, ás veces, grandes películas que se deslizan coma clásicos na pantalla, pero que non son imitacións de clásicos, senón novos edificios construidos como os diseñarían os máis grandes.
American Gangster ten unha historia con gancho, uns bos diálogos, uns secundarios algo descuidados, unha luz traspasadora, un ritmo crecente e trotador, un control do tempo e do espacio en equilibrio. Pero sobre de todo, ten dous animais que arrastran a trama, as miradas, o sangue, alá onde eles decidan. Denzel Washington, cada vez máis xoven, e Russel Crowe, cada vez máis adulto, devoran con poderosa mandíbula. Interpretan cos silencios, cos cargados ombros, cos poros, co bafo, coas enxivas, coas mans violentas, compulsivas. Camiñan felinos, coma un tigre asiático, o primeiro, e coma un gato da rúa o segundo. O seu tardío encontro, a ambos lados dunha mesa, supera a tensión electrizante do mítico encontro de monstruos en Heat.
Disculpade o entusiasmo, xa sei que as excesivas expectativas frustan ás veces as mellores películas.
Pero é que ata Michael Corleone estaría orgulloso...

Y además trabaja mi actor favorito, mi adorado Denzel, vaya dientes, vaya sonrisa, vaya todo. Feliz Navidad y buena entrada en el 2008, nuevo año y nuevas ilusiones. Bicos.
ResponderEliminarAgora que xa a vin, que vou dicir?
ResponderEliminarSubscribo canto dis e punto.