lunes, 7 de abril de 2008

Enormes criaturas mariñas



Secuencia sen cortes. Entre foto e foto apenas hai un movemento de pálpebras. O máis bonito, o máis revelador, é que onde estaba o gammarus queda unha burbulla.
(Podedes picar na foto para vela máis grande)






Caimán. Tiburón. Orca. Reptil. Depredadora elegante e precisa. É unha salvaxe. Pero cando a collo entre dous dedos permanece queda. Respira suave.






Ás veces soño que nado en augas profundas e mestas. En alta mar, a miles e miles e miles de quilómetros de terra.

Con miles e miles de litros de auga baixo o meu corpo. Hai máis distancia dende a superficie ao fondo dese mar que desde a superficie ao ceo.

E eu nado, floto nese mar escuro. Percibo con definición o frío das correntes que cruzan por debaixo dos meus pés. Non estou cansa, non afogo. Pero estou aterrada. Porque sinto tamén na pel, coa mesma convincente exactitude, a vibración de enormes monstruos mariños que pasan por debaixo do meu corpo. Algúns pasan a centos de quilómetros, pero para eles cubrir esa distancia non é nada. Algúns pasan moi preto, moven o meu corpo coa auga que desplazan. Pasan silenciosos, prehistóricos, míticos e terribles. Pero non me fan nada.

Eu penso que non me atacan porque as miñas tartarugas, mentres eu soño isto, soñan elas que combaten con terribles monstruos das profundidades que pretendían atacar a unha nadadora que quedou soa. A unha náufraga aterrada. Por eso as criaturas dos meus pesadelos nunca chegan a atacarme. Por eso cando me ergo, cada mañá, Nebrija e Corominas bracean con máis forza que nunca, pedindo comida.

Están famentas despois de toda unha noite de heroica loita nas profundidades.





1 comentario: