martes, 15 de abril de 2008

Pequenos caprichos. Pequenos placeres. (Listado provisional)




Quedarse na cama un pouquiño máis.

Ir no autobús, ou camiñando, cos cascos, e que no momento xusto sone a canción perfecta, e que entón o mundo teña unha cor diferente, unha luz mellor, e sexa como o título daquela película... todo está iluminado.

Beber auga San Pellegrino en vaso grandote e con dúas rodaxas de limón.

Rematar un traballo. Darlle a imprimir, e ir recollendo unha a unha as páxinas, ata formar un montonciño quente e xeitoso coma un bolete.

Ir ao cine, e aos cinco minutos de comezar a película, saber que fala a túa mesma linguaxe. Que conecta con algo que levas dentro e non sabías explicar. Que lle da corda ao teu reloxo.

Espiar ás tartarugas cando non miran. Cando durmen, e cos olliños pechados parecen estar dicindo... "que non son horas!".

O arrecendo do café recén feito. E lembrar de pronto que hai croissants para almorzar.

Probar roupa de primavera cando está rematando o inverno. Probar roupa de inverno cando o verán palidece. O primeiro día que chove. O primeiro día que podes saír á rúa en manga curta.

Facer un regalo porque si.

Facer a maleta.

Facer fotos intrascendentes.

Ir andando en vez de coller o bus. Disfrutar da cidade. Inventar historias sobre a xente que se cruza un segundo no camiño.

Cociñar para dous.

A biblioteca de filoloxía de Santiago. Perderse nos fondos. O olor a libro vello, o silencio. A sensación de que non pasa o tempo. E xusto cando saes, a sensación de que pasaron horas.

Comer un chuche, ou un donuts, ou unha bolsiña de conguitos. Ou un pasteliño.


5 comentarios:

  1. Pequenos caprichos... Pequenos placeres...

    Lerte.

    ******

    ResponderEliminar
  2. Consultar o teu blog e atopar sempre a frase perfecta, o sentimento feito palabra. ¡Que gran placer tenerte aí "pequeña amiga"!.

    ResponderEliminar
  3. unha aperta grandee grandee!
    laura

    ResponderEliminar
  4. hai moito que non actualizas...
    (laura)

    ResponderEliminar
  5. Para regaliño o que che pux Ignacio hoxe enriba da mesa... sí, ¡xa está o teu libriño azul enriba da túa mesa! Moitas felicidades! iso sí que da placer. Ugía

    ResponderEliminar