sábado, 11 de octubre de 2008

De vísperas



Estado mental: De vísperas.
Estado anímico: Flan Dhul

¿Cantos quilos pesa un trimestre da miña vida?


Pouco máis podo escribir. As miñas neuronas deben estar tamén facendo as maletas, e tamén o meu sistema nervioso, dixestivo, sanguíneo, porque a sensación perpetua, desde que me levantei, é a de que levo conmigo un continuo frusfrús que case non me deixa escoitar, pensar, reaccionar, escribir.




A próxima vez que escriba aquí, espero que sexa desde unha confortable habitación da residencia, con internet, con orde, con descanso. A próxima vez que escriba aquí, espero que o frusfrús se convertise nunha nova enerxía. A enerxía que move os trens, a enerxía do café, do tic-tac, do cambio, do insomnio, dos soños, ya no sueña aquel niño que soñó que escribía...




Pero eu si que soño.

3 comentarios:

  1. Moita sorte na nova aventura!!!
    E estate atenta aos posits nas portas... jeje, que están de moda nas residencias máis internacionais.

    (Recorda apuntar calquera mancha ou imperfección no papeliño de "estado" da habitación. Eu acabo de recibir os cartos de Francia por fin)

    Xa falamos, que vin que me agregaches.
    Unha aperta, nena da horquilla;)

    Laura

    ResponderEliminar
  2. La próxima vez que escribas en tu blog todo estará perfectamente, los de la Academia se habrán quedado impresionados y Madrid se rendirá a tus pies y yo, te seguiré echando de menos.

    ResponderEliminar
  3. Morenica, morenica...
    Rula que rula...
    No corazón e no pulso

    ResponderEliminar