
Ás veces suceden tantas cousas que xa non hai forzas para contalas. Ás veces o tempo estira tanto, tantísimo, e cabe tanta enerxía nunha fracción de tempo, que a cabeza, os ollos, as pernas, o respirar, loitan por medrar, por mellorar. Ás veces caer rendida polo esforzo é un pulo para volver a dalo todo ao día seguinte. Paseo de la Habana é unha longa rúa que teño que subir cada día para traballar. Cada día para traballar é unha longa rúa que subo paseando a paso firme. E ás veces apuro e sinto que apurando respiro máis, que o corpo responde, que a cabeza, os ollos, as pernas adormecidas pedían esto dende hai moito tempo. A toda máquina. Cada día unha meta. Cada día Paseo de la Habana é menos costa. Cada día o tempo cunde e desplégase xeneroso para brindarme folgos, para darme cancha. E cunde. E sinto que progreso. Ás veces nos días fríos reconforta simplemente entrar no vagón do cercanías e ler un xornal de balde. Subir o Paseo de la Habana e que as follas fagan cruscrus baixo os meus pasos. Acender o ordenador, e viaxar cen anos para atrás. E descubrir que no 1894 xa decían shopping. E palabras, palabras, palabras. O resto é silencio. O resto é denso e reconfortante coma un café en taza grande. O tempo espera, non hai frío entre as palabras. O tempo é denso e mesto. Ás veces o tempo cunde coma un café do Starbucks.
Rain keeps falling, rain keeps falling
Down, down, down, down
Rain keeps falling, rain keeps falling
Down, down, down, down
Encantariame tomar un un café do Starbucks contigo pero, como non vai poder ser, tomaremos un Veracruz cando esteas de volta, e tranquila e pausadamente contarasme todo, todo, todo e eu escoitarei e disfrutarei tanto coma ti disfrutarás contándomo. Volta pronto, pequeña amiga, sei que cando volvas traerás un montón de enerxía positiva e un pouquiño dela tamén será para min.
ResponderEliminarEn nada estás aquí!
ResponderEliminarLaura