lunes, 6 de agosto de 2007

Un capricho...



Porque o domingo un tiramisú fixo moi feliz a meu avó, aí vai a receta deste postre tan sinxelo e agradecido...



INGREDIENTES

- 500 g de bizcoitos de soletilla (recomendo dos blandiños de La bella Easo ou de La Alegría Toledana)
- 2 xemas de ovo
- 250 g de azúcar glacé (pódese comprar o cilindro de plástico "Azucar Glacé de Azucarera" "para decorar y repostería", que xa trae os 250)
- 250 g de queixo Mascarpone o Philadelphia (hai versión light!)
- 200 g de nata líquida para montar
- 6 dl de café (aproximadamente, en realidade é o que se necesite para empapar tódolos bizcoitos)
- copa de licor de Amaretto o Cointreau
- cacao en polvo para decorar


O tiramisú é unha especie de "lasaña", capas intercaladas de bizcoitos empapados e de crema:

PARA A CREMA:
Batir a nata (debe estar bastante fría para que suba ben) ata que estea montada e reservar.

Batir as xemas de ovo, o azúcar glacé e o queixo na batidora ata que a masa estea suave e esponxosa. Unha vez conseguida a textura desexada unimos a esta mezcla a nata montada anteriormente, mesturando todo ben para crear volumen.

PARA OS BIZCOITOS:
Mezclar o café co licor para elaborar o que será o xarabe onde mollar os bizcoitos. Empápanse os bizcoitos de un en un, procurando que no se rompan, e vanse colocando no fondo dunha fonte ancha, cubrindo todo para formar unha primeira capa que será a base.

Esa base cúbrese coa crema e repítese a operación unha vez máis cos bizcoitos, creando unha nova capa onde verter a crema. Déixase reposar na nevera unhas horas, e unha vez que estea consistente, espolvoréase co cacao en polvo.

E o tiramisú está listo! Canto máis tiempo estea na nevera (por exemplo, unha noite enteira), máis rico estará!

E outro consello!! En verán, para que sexa máis fresco, poden empaparse os bizcoitos en vez de con café e licor, con sirope de fresa ou con almíbar de piña!!

2 comentarios: