
Hai dúas películas agora en cartel que, como se soe decir, diseccionan a naturaleza humana. Son introspectivas e complexas. Falan de dilemas éticos e de tomas de decisións. Falan de americanos e de calquera. Son grandes películas.
E tan diferentes...
A semana pasada vin "Gone Baby Gone" (Adiós, pequeña, adiós), dirixida por Ben Affleck e protagonizada por seu irmán, Casey Affleck. Está baseada nunha novela do autor de Mystic River, e intúo que de aí lle vén gran parte da súa maxia. Brutal e sinxela como todo o que fai máis dano. Retorcida pero sobria. Emocionante e intelixente. Pode que haxa momentos en que a ficción precipitada solte demasiado as rendas, pero prevalece aínda así un trote denso e seguro, sosegado e determinante cara o que se quere contar. Grandes frases e pequenos detalles a completan e a pulen para ser especial, para discurrir con fluidez en terreno pantanoso. Algunhas películas deixan agullas en nós. Algunhas películas prenden sixilosas e inesperadas agullas. Deixádevos prender por ela.
Hoxe fun ver "Lions for Lambs" (Leones por Corderos - disculpade a insistencia en referirme ao título orixinal, pero é que estes dous casos me parecen especialmente musicais...). Robert Redford dirixe a Meryl Streep, Tom Cruise e a si mesmo (coa súa inseparable pelambrera rubia e camisa azul que o convirten en perenne home Malboro) nunha película sobre a política actual. Sobre a ética. Sobre a integridade. Sobre a educación. Sobre o poder dos medios. Sobre a xuventude. Sobre o compromiso como cidadán. Sobre ser xoven, ser útil, ser un vendido, ser un seductor, ser un fracasado ou ser un idiota. Artificialmente teatral, discursiva e dialéctica, os personaxes son en realidade alegorías do seu disfraz, do seu rol no mundo. E as palabras son a mellor arma para protexer o vacío que latexa trala máscara.
Son dúas películas sobre personas que sinten soas porque están soas. Soas pola súa forma de ver o mundo. Soas porque as palabras non consiguen conectalos con outras personas. Porque, decidan ou non decidan estar soas, ante a realidade, teñen que decidir soas. Porque, como lle di o profesor Stephen Malley (Robert Redford) ao seu prepotente alumno, ante o mundo, ante a vida, "ya nadie te protegerá".
Invítote a un café, cunha montaxe moito menos frenética, e protéxeme.
ResponderEliminarAquí na Coru non temos Startbucks pero podemos quedar na sala dous dos Rosales é a queda máis cerca da un.