lunes, 26 de noviembre de 2007

O picaporte



Seminario de Historia da Lingua en Santiago. Frío, sono, poucas ganas. Pero as boas conferencias despertan o espíritu filolóxico incluso en tales circunstancias. Toda unha primeira fila de grandes nomes e cabezas pensantes falando sobre palabras, significados, sobre se o falante elixe e moldea o idioma ou se as linguas se moven por azar, como unha masa incontrolable e arrolladora. Acordeime nese momento dun texto de El tambor de hojalata, que por fin conseguín atopar nunha vella libreta. O falante escolle. Günter Grass escolle, perfecto, exacto e provocador:

"Si yo tuviese interés en poner otro nombre a la tentación, me atrevería a proponer el de picaporte, ya que dicho apéndice tangible está pidiendo que lo agarren".


Mañá segundo e último día de charlas. Ás veces as boas conferencias son un picaporte para a reflexión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario