
"No puedes prepararte para lo que vendrá. Las cosas no esperan a nadie; eso es vanidad".
(No es país para viejos, dos irmáns Coen)
Ás veces unha película con grandes momentos (como a secuencia que contén esa cita) pode ter tamén momentos ridículos. A miúdo películas con menos pretensións, claras e consistentes como En el valle de Elah, de Paul Haggis, poden deixar mellor sabor de boca.
Irremediablemente, actores como Tommy Lee Jones e Josh Brolin poden soster un arma, unha mirada, un diálogo, unha película, coa mesma facilidade, coa mesma tensión, coa mesma dor.
Eu ía ir o venres a vela, pero só quedaban entradas en primera fila...
ResponderEliminarComemos xuntas... o mércores ou o xoves?
(acabei outro traballo, vivaaa!!!)
Laura