viernes, 22 de febrero de 2008

A doble vida de Nebrija



Polo día, e sobre todo nas primeiras horas da mañá, cando o sol pega forte no tortugueiro, aí a tedes, tan pancha e tan ancha, toda estirada e disfrutando do bon vivant, os olliños pechados, e co sky-line coruñés de fondo. Mentres, Coromini disfruta facendo largos, e chapoteando no que semella a piscina dun chalet das aforas.... Nebrija, na tumbona do borde da piscina, parece canturrear para si mesma: On me dit que nos vies ne valent pas grand chose, elles passent en un instant comme fânent les roses....




Pero cando chega a noite.... ai, cando chega a noite!! Nebrija emprende, cada noite, un plan de fuga. A miúdo nestes plans é cómplice Coromini, pero a realidade é que soe ter menos fortuna cando traballan as dúas á vez, porque non chegan nunca a poñerse de acordo en quen se sube no caparazón de quen. Coromini, bastante mais lixeira que Nebrija (claro, toda a mañá facendo exercicio....) sería a opción máis lóxica para aganchar sobre a compañeira, pero cada vez que intenta subirse na outra, acaban as dúas na auga.

Nebrija decide entón actuar en solitario, e se aúpa coas uñas polo cristal. Os asomamentos telescópicos de Nebrija xa os teño comentado algunha vez, pero ofrezo, por fin, testimonio fotográfico de semellante fazaña:





Nebrija asoma sobre a tapa de cristal do tortugueiro, mira a un lado e ao outro, toda fachendosa, e parece canturrear para si mesma: Pequeñas tretas, para continuar en la brecha; me siento hoy como un halcón llamado a las filas de la insurrección....




1 comentario: