Hoxe pasei unha noite horrible. Case non durmín. Pesadelos, frío, non sei. Levanteime con Mati, tomei café, viñen ao ordenador. E un reflexo alaranxado na parede fíxome coller a cámara. Está amanecendo. Estas imáxenes teñen apenas un par de minutos. Arrecenden a café, a tinta de xornal e a panadería. Ao fondo está o mar, constante. No alto, nubes que construén a palabra "cúpula" con solemnidade.
Roubo e transformo un poema de e. e. cummings. Quen mellor ca el para dicir:
Quién eres, pequeño yo
(de cinco o seis años de edad)
que observas desde una alta ventana: el dorado
amanecer de mayo
(y que piensas: que si la noche
ha de convertirse en día
este es un hermoso modo de hacerlo)
(de cinco o seis años de edad)
que observas desde una alta ventana: el dorado
amanecer de mayo
(y que piensas: que si la noche
ha de convertirse en día
este es un hermoso modo de hacerlo)
Bos días.
Buenos días, princesa.
ResponderEliminarHoxe tiven eu unha noite parecida... con pesadelos deses que che deixan o día marcado...
ResponderEliminarQue tal os nervios para a tese "de licenciatura"?
Laura
Non o poñas entre comillas, que parece que te estás cahondeando... ;)
ResponderEliminarOs nervios, os esperados, e supoño que a semana que vén aínda será peor... Xa che irei contando!
Un bico
Rosalía