jueves, 14 de agosto de 2008

Ya no queda ni la sombra...



Xa non sei qué nos queda deste verán secuestrado, nin qué nos deixaron de proba de vida. Esixo indignada unha foto inmediata do verán enclaustrado cun xornal do catorce de agosto. Non pago rescate, confórmome coa promesa dun setembro agradable.

O secuestro prolongado provoca a resignación dos que aínda agardábamos un raio de sol perdurable. Pero chove, vai mal tempo, vai frío, vai vento, escuro amanece e escuro se agocha un sol de baixo consumo.

Xa non pido un verán como os da infancia, xa non pido calor abafante, días inmensos, terrazas, balcóns e paseos nocturnos. Só pido unha proba de vida. Un día enteiro de sol, un día de poñer vestido, un día de sandalias, un día que queira abrir a ventá para respirar olor a mar.

Do verán só deixaron, do verán só nos queda o tempo preguiceiro, as vacances, as rebaixas, a sensación de estatismo, o lecer, os horarios trastocados, as escapadas a cidades máis ou menos próximas, as longas conversas telefónicas, o tempo que se pasa cos que queremos, cos que nos queren, o tempo para ver películas, para ler, para ordenar vellos papeis, o tempo....



....o bo tempo.





Ese é o bo tempo que temos. Á fin, foron benévolos. Porque nos deixaron, do verán, o mellor.




Quieras o no quieras recordar
algo de aquellos días de asueto,
cuando el tiempo era más ancho
y aún quedaba primavera,
cuando quise regalarte unos zapatos.

(...)

Qué hay de aquel amor
que nos señaló,
ya no queda ni la sombra.
Qué será de tí,
donde fuiste a dar,
aún te queda alguna peca...

5 comentarios:

  1. Aínda que deste verán arisco só pareza quedar a conta atrás, o importante sigue sendo contar contigo.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito esta actualización (será pola presión que che metín, jeje)... levo todo o día escoitando a canción.
    Tamén levo todo o día na casa, que neste verán no que "ya no queda ni la sombra", o que si quedan son catarros e as súas variantes... eu teño catarro de oídos, iso dixo o médico.

    Laura

    ResponderEliminar
  3. Desde unha mañá de sábado negra, negra e unha noite peor, porque hoxe non peguei ollo, subscribo todo o que dis ¡que asco de verán! Eu penso que o verán quedou en Barcelona coas nosas risas,coas nosas compras e cos golfiños xuguetóns que querían saír nas túas fotos. Bicos (achégase o día, je, je)
    Montse

    ResponderEliminar
  4. Cheguei por casualidade ao teu pequeno recuncho na internet e teño que recoñecer que o papei casi enteiro, ata apuntei algunha recomendación túa na miña libreta de pelis por ver, libros por ler e cousas por visitar. Gustame a túa forma de contar as cousas. Tiña que decircho.

    fotolog/sarasarasarinha

    ResponderEliminar
  5. Quedan 10 min para que se acabe o día do teu cumple, pero faltábame felicitarche por aquí...
    FELICIDADES!!!

    (Laura)

    ResponderEliminar