lunes, 8 de septiembre de 2008

O meu fogar en Madrid...


...en construcción.

Coma o futuro.

Con ventás estreitas, con andamios, ao lonxe e contra o ceo, coma o futuro. Só espero que estea rematado a tempo para min. Coma o futuro.





Madrid ten algo triste e apabullante. Pero ten tamén recunchos para salvarse, para respirar. Ten xente en perpetuo movemento. Ten o metro, onde me oriento con sorprendente fluidez, coma se toda a miña vida fose recorrendo corredores subterráneos en códigos de cores. Ten algunhas tendas tentadoras, restaurantes diferentes, ten cine, cine e cine.



E ten os lugares que cantan as cancións. E ten os lugares que eu pisarei, que eu cantarei para min algún día, no futuro....



Xa retiran os andamios. Xa recollen os escombros. Non queda nada para o futuro.








2 comentarios:

  1. O futuro está en obras, si, pero desas con andamios e columnas sólidas... para que logo quede todo bonito.
    Espero que cando vaia de visita a Madrid (se teño cartos, claro)me leves por algún deses garitos...

    Bicos e risas,
    Laura

    ResponderEliminar
  2. En mi futuro seguirás estando tú, aunque lejos, conmigo y yo contigo en tus paseos por Madrid, en tus visitas a la Nacional, en tu excursión al zoo (je, je). Y a la vuelta, el reencuentro y tantas cosas por contar. Feliz estancia

    ResponderEliminar