
O día 20 de outubro do ano 1900, un lector propoñía a seguinte cuestión no apartado de "Preguntas y Respuestas" da revista Por esos mundos:
¿Podría saberse el origen de la expresión adverbial "de buten", que se usa en el lenguaje familiar de Andalucía, con el objeto de ponderar la bondad o excelencia de alguna persona o cosa? .—F. B. D.
Estupefacta me quedei. E logo cremos que somos modernos, creativos, estrafalarios, rompedores. E xa o romperon todo hai máis dun século. E aínda por enriba, sen darse importancia. Que modernos os antigos, é que inquisitivos, que capacidade de sorpresa ante a propia lingua, ante a sociedade, ante os costumes. E que capacidade de autocrítica. Ler aqueles xornais de principios do século pasado aporta moitas sopresas. E unha inevitable comparación da que non saimos precisamente airosos nós, os lectores, falantes, cidadáns deste inicio de século.
Que curiosa a Historia, as historias, incluídas as das linguas.
ResponderEliminarEncántame descubrir ou que me descubran as vellas novidades, pero sobre todo, as contaminacións, préstamos sen xuros e regalos que se dan ou se deron unhas a outras.
E aí estás ti, que ben, sempre atenta!
eiiiii, good luck na túa aventura investigadora nos madriles! oxalá que descubras moitas cousas interesantes... e xa nos dirás como é a biblioteca nacional por dentro xa que a nos non nos deixaron entrar... unha aperta grande
ResponderEliminarque che vaia de buten, tía!
ResponderEliminar;)
(vémonos o martes)
laura