martes, 2 de octubre de 2007

Lisboa


Lisboa de castelos no alto dun monte, de casas brancas e tellados vermellos, agolpadas cara o alto, desordenadas e enfrontadas co cálculo matemático. Lisboa de rúas empinadas, de vías que son escaleiras infindas. Lisboa sucia e señorial, de roupa colgada nas fachadas e de fachadas colgadas no aire. Lisboa de adoquíns, de xente e xente e mundo, de mendigos coa casa ás costas berrando nunha lingua intelixible. Lisboa de tendas elegantes e dependentes silenciosos e solícitos. Lisboa de contrastes. Lisboa de pedras e de lana.

1 comentario:

  1. Esqueciches dicir... "Lisboa de fados";)
    Moitas grazas pola túa frase; a verdade é que é moi reconfortante, cousa que necesito.

    Laura

    ResponderEliminar