miércoles, 14 de noviembre de 2007

As primeiras luces


Gústame o momento no que a cidade comeza a vestirse coas primeiras luces do Nadal, cando os escaparates falsamente nevados, os adornos de falso ouro e falsa prata, e os maniquís vestidos de gala que celebran falsas festas nas tendas de moda conviven, todos eles, cos últimos momentos de intenso olor a castañas quentes deste mes.

Gústame pasear polas rúas nesta época, e encántame o Nadal, tan falso e tan contrachapado, e tan comercial e tan mediatizado...

Gústame o Nadal con tódolos seus peros. Encántame porque é morriñento, porque é cursi.
Porque é peliculeramente romántico e familiar.
Pero porque, por enriba de todo, ten maxia e ten un ritmo segredo e calado que arrola a quen se deixe levar.

E a quen non lle guste, pois que non mo estropee.
Que os Reis Magos existen, digan o que digan....

1 comentario:

  1. Como me gusta cando abro e teu blog e atopo escrito con palabras o que eu tamén sinto. Eu adoro o Nadal, sempre o adorei, a pesar do bombardeo de anuncios de xoguetes, do turrón que o meu home xa comeza a comer a primeiros de novembro e dos intragables polvoróns (próbaches algunha a vez a dicir "pamplona" comendo un?). Viva o Nadal e, sobre todo, vivan os Reis, os regalos, a cara de Laurita cando os postos ao lado da árbore e, of course, viva a "festa do amigo invisible" que me tocará este ano?

    ResponderEliminar