miércoles, 21 de noviembre de 2007

O equilibrio



Coméntolle a meu pai que o maletín co ordenador, aínda que ao principio, ao collelo, sempre semella lixeiro, cando o levo por moito tempo seguido, resúltame moi pesado.
E xa vexo que entón meu pai bota un dos seus sorrisos míticos (meu irmán teno idéntico) e dime, todo chistoso: "É que hai que ver como se perderon os bos costumes. Se non, podías levalo como levaban antes as mulleres de aquí o peso, cargas enormes sobre a cabeza. Moito máis equilibrio".

Que bo. Grandes momentos de meu pai.

2 comentarios:

  1. jajaja, quen che vería, co ordenador e un diccionario na cachola!
    e a min cos apuntes todos das dtds e os html...
    por certo, gustoume o encontro de hoxe na cafetería, foi un encontro moi riquiño :)

    ResponderEliminar
  2. E que el sabe moito de equilibrio, de percorrer o fío, o cable, (a fibra óptica) sen rede... Sempre exposto ao vacío e sen caer.

    ResponderEliminar