jueves, 1 de mayo de 2008

Breve homenaxe ás Gilmore


Xa falei desta serie aquí. Onte vin os dous últimos capítulos das Chicas Gilmore, e sentín que unha serie que tanto significou para min nestes anos que a vin, dende o primeiro capítulo ao derradeiro, e que nunca me decepcionou, nin me foi previsible, nin me aburriu... merecía unha pequena homenaxe. Que fose só miña e á vez me recordase tantas veces á miña propia vida é un mérito accesorio. O importante é a calidade do seu guión, a capacidade de seducción dos seus personaxes, dos seus intérpretes. Supoño que me arrepentirei de escribilo aquí, pero toda homenaxe, aída que breve, merece sinceridade. Os últimos quince minutos do derradeiro capítulo fixéronme chorar a moco tendido. Chorar de forma patética, con lagrimóns, con ruido, indecorosamente.

Sinto que rematase, pero supoño que debía rematar. De tódolos bos momentos, de tódalas secuencias espléndidas, de tódolos guiños e a ternura e a maxia, este só pode ser un breve homenaxe. Só un aperitivo, só un botón, só un anaco, unha lisca, un minuto e corenta e catro segundos de puro Gilmore Girls:







"Ha movido la cola con desprecio...."
(http://www.youtube.com/watch?v=aEuEJaFXhTs)

3 comentarios:

  1. jeje, son míticas!
    por certo... e xa que remataches de vela... non serías tan amable de pasarma...? ;)
    Bicos
    Laura

    ResponderEliminar
  2. Pois, si.
    Creo que si...
    Espero que si!!!
    En fin...
    Si.

    ResponderEliminar
  3. una partida de risk, un trivial un parchís, conquistaré tu país...

    algún día temos que facer algo así, non cres?

    ResponderEliminar