Nebrija e Corominas presinten que algo vai suceder. E andan revolucionadas.
Perciben o barullo, o movemento, o estrés e o ir e vir constante de caixas, bolsas, periódicos, cinta de embalar e cúter. Intúen que a cómoda rutina na que xa se integraran estase precipitando cara algo diferente.
E por iso non paran de chapotear escandalosamente, pegar o puntiagudo fuciño ao cristal, ou asomar a cabeza sobre a auga mirándonos moi serias con ollos de caimán.
Ao mellor por iso tamén o outro día Nebrija conseguiu, apoiándose coas patas no cristal, e de pé sobre a zona de césped, sacar medio corpo por fóra do tortuguero. ¡Case fuxe! Cando a vin con medio corpo por fóra, a piques de escapar, deume un volco o corazón do susto... e a ela aínda lle debeu dar máis, porque en lugar de botarse de todo para fóra, arrepentiuse e deixouse caer de novo no tortuguero. Quedou un bo cacho quieta, como demudada, tartaruga de pedra, reflexionando, supoño, sobre como iso que tanto tempo levaba ela tratando de lograr puidera producirlle semellante pánico...
Non te preocupes, Nebrija, que ainda que sigas metida entre catro paredes de cristal (e agora sempre coa tapa colocada, por seguridade), onde imos ir agora, ti e Corominas teredes vistas ata da Torre de Hércules! Espero que non teñades vértigo...

Pero te teñen a ti, que tes vistas sobre o infinito.. e máis aló...
ResponderEliminar