jueves, 31 de enero de 2008

Veña, veña...



Veña Corominas, non afloxes, que ti e máis eu podemos!

Con ese tupé entrañable de non acabar nunca de sorprenderte do mundo, e con esas mans longas, longas de tanto pasar páxinas de libros antigos... e con eses olliños escudriñantes, e esa horrible cortina que tés detrás.... imaxínote perfectamente, Corominas, sumerxido na túa magna obra.

Eu, sumerxida na miña pequena obra, insístoche en que cun pouco máis de esforzo, mañá entregamos, para que Ignacio teña lectura para o antroido e ti e máis eu poidamos relaxarnos un par de días soamente...

Veña, veña... que xa queda pouco!!

3 comentarios:

  1. Dende logo o pobre Coro está un pouco feito polvo, non me extraña é que tanta etimoloxía non pode ser boa. Suscribo o da cortina, e que me dis do peinado punk que leva?? Pobriño, menos mal que aí estás ti para recordarnos que o que fixo serveu para algo. Bicazos.

    ResponderEliminar
  2. Corominas, para algunos, es el nombre de una tortuga sin tupé. En fin, que Nebrija tiene mucha hambre y empieza con los sumamis...

    ResponderEliminar