viernes, 4 de enero de 2008

Unha nena






Desperté de ser niño:
nunca despiertes.

Triste llevo la boca:

ríete siempre.


(Nanas de la cebolla,
de Miguel Hernández)





Quero ver o mundo cos ollos dun neno. Só por estes días. Multiplicar a miña capacidade de ilusión e sorpresa.

Ter mimos e ter ganas de dar abrazos.

Ter frío e ter ganas de quedarme debaixo da manta, porque a manta me protexe da xeada e dos monstruos que se agochan debaixo da cama.

Só por uns días. E o mundo xirará paseniño...



.

1 comentario:

  1. Chámanme o señor de bigote pero non teño bigote, son un executivo e agora escoito a Xil Ríos porque pra namorarme Xirarei (como a roda do muiño).

    O caparazón da tartaruga dixo que a manta electrica non da frío. E a tartaruga voltou...

    ResponderEliminar