lunes, 25 de agosto de 2008

Vén ser todo a mesma....


É que xa se sabe que o espíritu dos coruñeses é intrépido e inquisitivo por natureza. Que cando menos o esperas se destapa, por un cidadán anónimo, sen ánimo de promocionarse e cun zoom altamente potente na cámara de vídeo, se detapa, dicía, un escándalo de proporcións tales que vaia, nin o Watergate, nin o peluquín de Bogart, nin o playback da ceremonia inaugural dos Xogos Olímpicos....

Ollo ao vídeo. Avisamos de que as seguintes imaxes poden ferir a sensibilidade dos espectadores, especialmente daqueles que nunca saben onde tirar o chicle, o kleenex, as cascas das noces, o pan reseso... ¿Orgánico ou inorgánico? E diría el, o protagonista deste vídeo... "¿E total que máis dará, si polvo somos y en polvo nos convertiremos?" Aí vai, para que logo digan que os galegos nunca se sabe se subimos ou baixamos:




Pois os coruñeses, simplemente, mesturamos. E diría el que total, por catro bolsas... Vén ser todo a mesma....










En fin. Que me pareceu moi divertida a nocturnidade e a alevosía, ou máis ben a absoluta pachorra, coma se fose algo case protocolario, coa que este basureiro executaba o proceso ecolóxico de recollida selectiva de basuras na Coruña. Era algo que practicamente tódolos coruñeses sospeitábamos, pero ese momento in fraganti in basurini, dalle a unha a alegría de pensar que aínda quedan sonoros escándalos por destapar. E eses interrogantes do titular da Voz... ¡Que momentazo!:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/08/25/00031219675432978400777.htm



Eu, de tódolos xeitos, seguirei reciclando, pero máis que nada por qué dirán os veciños.... Que teño veciños moi laretas...





3 comentarios:

  1. En fin, querida, os insomnes do Washington Post que non descansan e se dedican a destapar a m (píií)!!!

    En fin, honey, na nosa tribu o que máis entendía desto era o pobre Penelas... Algo diría sobre o asunto.

    E, desde logo, fas ben coidarte dos veciños!

    ResponderEliminar
  2. todos tiñamos a sospeita... dicíase que poñían os contenedores para irnos habituando...
    pero velo tan directamente..
    aiaiai

    Laura

    ResponderEliminar
  3. Ves, ves, xa cho dicía eu... Agora que me estaba empezando a animar para que Laurita tamén se fose concienciando ¡manda hue... (piiiiiiiiiii)! serán jetas los tíos. Ata estiven mirando cubos en Alcampo deses que teñen separación (joer!!!). Bicos.

    ResponderEliminar