É que xa se sabe que o espíritu dos coruñeses é intrépido e inquisitivo por natureza. Que cando menos o esperas se destapa, por un cidadán anónimo, sen ánimo de promocionarse e cun zoom altamente potente na cámara de vídeo, se detapa, dicía, un escándalo de proporcións tales que vaia, nin o Watergate, nin o peluquín de Bogart, nin o playback da ceremonia inaugural dos Xogos Olímpicos....
Ollo ao vídeo. Avisamos de que as seguintes imaxes poden ferir a sensibilidade dos espectadores, especialmente daqueles que nunca saben onde tirar o chicle, o kleenex, as cascas das noces, o pan reseso... ¿Orgánico ou inorgánico? E diría el, o protagonista deste vídeo... "¿E total que máis dará, si polvo somos y en polvo nos convertiremos?" Aí vai, para que logo digan que os galegos nunca se sabe se subimos ou baixamos:
Pois os coruñeses, simplemente, mesturamos. E diría el que total, por catro bolsas... Vén ser todo a mesma....
En fin. Que me pareceu moi divertida a nocturnidade e a alevosía, ou máis ben a absoluta pachorra, coma se fose algo case protocolario, coa que este basureiro executaba o proceso ecolóxico de recollida selectiva de basuras na Coruña. Era algo que practicamente tódolos coruñeses sospeitábamos, pero ese momento in fraganti in basurini, dalle a unha a alegría de pensar que aínda quedan sonoros escándalos por destapar. E eses interrogantes do titular da Voz... ¡Que momentazo!:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/08/25/00031219675432978400777.htm
Eu, de tódolos xeitos, seguirei reciclando, pero máis que nada por qué dirán os veciños.... Que teño veciños moi laretas...

En fin, querida, os insomnes do Washington Post que non descansan e se dedican a destapar a m (píií)!!!
ResponderEliminarEn fin, honey, na nosa tribu o que máis entendía desto era o pobre Penelas... Algo diría sobre o asunto.
E, desde logo, fas ben coidarte dos veciños!
todos tiñamos a sospeita... dicíase que poñían os contenedores para irnos habituando...
ResponderEliminarpero velo tan directamente..
aiaiai
Laura
Ves, ves, xa cho dicía eu... Agora que me estaba empezando a animar para que Laurita tamén se fose concienciando ¡manda hue... (piiiiiiiiiii)! serán jetas los tíos. Ata estiven mirando cubos en Alcampo deses que teñen separación (joer!!!). Bicos.
ResponderEliminar